Comezamos!
O alumnado encargouse de recompilar
información sobre os nomes e usos tradicionais das plantas da nosa zona (As
Pontes e arredores). Para iso, buscou informantes que puideran
aportar algún coñecemento adquirido a partir da transmisión oral. Unha vez
localizados, a tarefa consistiu en gravar a información proporcionada e
recoller mostras das plantas das que se obtivo información, prensalas e
conservalas.
O primeiro paso paso para levar a
cabo o noso proxecto foi aprender a empregar as follas de recollida de datos e
a realizar o prensado das mostras recollidas.
Comentarios
Publicar un comentario