Parte do alumnado (Álex, Iago Gabeiras, Iago Expósito, Jimena, Lucía, María, Nerea, Pablo e Sergio) investigou sobre lugares do concello que tivesen nomes relacionados con plantas. Na listaxe están os seguintes: Espiñaredo , O Freixo , Porto do Liño (A Faeira) , O Piñeiral (Goente) , As Teixoeiras (Espiñaredo) , O Carballo (Bermui) , O Piñeiro (Espiñaredo) , A Maciñeira (Somede) , O Bidueiro (Vilavella) , O Carballal , Pereira (O Deveso) . Se alguén pode aportar algún dato que complete esta información, estaremos agradecidos!
Comentarios
Publicar un comentario