Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2018

Comezamos!

Imaxe
O alumnado encargouse de recompilar información sobre os nomes e usos tradicionais das plantas da nosa zona (As Pontes e arredores). Para iso, buscou informantes que puideran aportar algún coñecemento adquirido a partir da transmisión oral. Unha vez localizados, a tarefa consistiu en gravar a información proporcionada e recoller mostras das plantas das que se obtivo información, prensalas e conservalas. O primeiro paso paso para levar a cabo o noso proxecto foi aprender a empregar as follas de recollida de datos e a realizar o prensado das mostras recollidas.

Proxecto Fitofaladoiro

Imaxe
O Fitofaladoiro é un programa que ten como obxectivo documentar e preservar o saber popular relacionado cos nomes e usos das plantas en Galicia.
No IES Plurilingüe Castro da Uz comezamos no curso 2017-2018 a nosa participación neste programa, coa intención de colaborar na conservación do noso patrimonio lingüístico e cultural ao tempo que coñecemos a biodiversidade vexetal de Galicia. O proxecto será realizado durante este curso polo alumnado de 1º de ESO, nas materias de Educación Plástica e Visual e Bioloxía e Xeoloxía, e baixo a coordinación de Amparo (profesora de Plástica) e Macamen (profesora de Bioloxía).