Na clase de Bioloxía, fixemos herbarios nos que recollemos un mínimo de 20 exemplares de especies autóctonas, rexistrando os seus nomes científicos, en galego e en castelán.
Na clase de Plástica, o alumnado fixo papel reciclado, incluíndo nel follas ou deixando a súa pegada. Algúns fixeron ademais debuxos a partir das mostras frescas.
Un ano máis, o alumnado de 1º ESO participa no proxecto Fitofaladoiro. Durante este curso, recompilaremos os nomes e usos tradicionais das plantas nesta zona.
Premendo neste enlace, podedes acceder á información recollida durante este curso: os nomes de plantas na zona na que vive o alumnado ou as súas familias, as súa utilidade, as gravazóns e información das entrevistas realizadas e as fotos correspondentes aos exemplares de plantas, tanto frescos coma prensados. Acceso á información recompilada
O alumnado de 1º ESO recolleu e identificou plantas para elaborar os seus herbarios personais. Aquí podedes ver unha selección dalgúns deles. Premendo nas imaxes, pode accederse ás imaxes de cada un. Aínda que polo medio hai algún erro na identificación dalgún exemplar, non quedaron nada mal. Bo traballo!
Ada, Antía, Irene e Víctor investigaron sobre a produción de mel, xa que é un produto que se obtén grazas á actividade das abellas, que son uns importantes insectos polinizadores. Víctor fixo esta entrevista ao seu avó, Manuel Rey, que é apicultor afeccionado. Entrevista sobre a apicultura